venres, 2 de febreiro de 2007

Xa está aquí o entroido

La Voz de Galicia - 02 de febreiro del 2007
Cidadáns Os volantes do Entroido Ribeirao saen mañá en Arxeriz. En Sober preparan os compadres no centro social e en Salcedo organizan catro días de festa co seu Oso
 
ALBERTO LÓPEZ
Alberto López
O canaval xa está aquí, porque segundo o calendario da versióno tradicional desta festa mañá é Domingo Lambedoiro. Sábeno ben nas parroquias de Chantada e O Saviñao máis próximas ao Miño en Chantada e O Saviñao, a zona na que sobrevive o Entroido Ribeirao. Os volantes, peliqueiros e demais máscaras típicas deste entroido rural sairán mañá de novo e farano como é habitual nos últimos anos en Arxeriz, nunha xornada organizada pola fundación Xosé Soto de Fión . O percorrido polo pobo empezará ás cinco da tarde e ao seu termo haberá viño e tapas para todos no campo da festa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario