venres, 21 de xaneiro de 2005

Unha sentenza concede a Monforte a propiedade do legado de Forcados

La Voz de Galicia - 21 de xaneiro del 2005
As anomalías na doazón que denunciou a Fundación Xosé Soto prescribiron en 1993 O xulgado non valora se se actuou coa dilixencia debida na conservación dos bens.
O Xulgado número 1 de Monforte fallou a favor deste Concello no contencioso pola titularidade do legado de Xan de Forcados. Nunha sentenza promulgada o pasado luns, conclúe que a demanda da Fundación Xosé Soto, que pedía a restitución dos bens ao pazo de Arxeriz, no Saviñao, non procede xa porque calquera irregularidade na doazón dos bens prescribiu en 1993.

Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario