venres, 30 de xullo de 2004

O Saviñao xa ten museo

La Voz de Galicia -  30 de xullo do 2004
O ecomuseo de Arxeriz, xa está aberto ao público desde onte. As festas patronais de Monforte este ano presentarán algúns cambios en horarios e actuacións.
Alberto López
O museo de Arxeriz inaugurado onte, ten a intención de recuperar todo o entramado histórico do mundo rural. Ao acto acudiu moita xente, entre a que desatacó o xerente da fundación Xosé Soto, José Antonio Quiroga , o tenente de alcalde do Saviñao, Carlos Armesto e o representante da dirección Xeral do Patrimonio, Francisco Miguel Castro . A xente que asistiu á celebración puido visitar o interior e o exterior do museo. Despois, os asistentes puideron gozar duns aperitivos. Festas de Monforte O cartel e o programa das festas patronais de Monforte foron presentados onte no concello polo alcalde, Severino Rodríguez e a concelleira de cultura Alicia Cadarso.

Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario