venres, 27 de maio de 2005

O Museo de Arxeriz rescata a memoria das poboacións alagadas do Miño

La Voz de Galicia - 27 de maio do 2005
A institución recompila imaxes e testemuños das localidades desaparecidas.
A Fundación Xosé Soto de Fión difunde en Internet materiais gráficos históricos.
O Ecomuseo de Arxeriz, propiedade da Fundación Xosé Soto de Fión, traballa na recuperación da memoria histórica das localidades da Ribeira Sacra que desapareceron tras a construción dos encoros dos Peares, en 1955, e Belesar, en 1963. Unha parte deste labor consiste en recompilar as imaxes dos pobos e aldeas alagados e, en xeral, todos os testemuños materiais e orais da historia e o modo tradicional de vida daquelas poboacións.

Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario