venres, 30 de decembro de 2005

O Entroido Ribeirao abrirase o vindeiro domingo na parroquia de Fión

La Voz de Galicia - 18 de xaneiro del 2005
O tradicional Entroido Ribeirao comezará coa celebración do domingo lambedoiro o próximo día 23 na parroquia de Fión, do municipio do Saviñao. Do mesmo xeito que nos dous últimos anos, a Fundación Xosé Soto de Fión colabora coa a Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao de Chantada para organizar o festexo. A partir das cinco da tarde, os típicos volantes e peliqueiros actuarán no campo da festa da parroquia, onde tamén se ofrecerán as breves representacións teatrais coñecidas como oficios e varias actuacións de música tradicional. Os asistentes ao festexo serán invitados a un aperitivo e terán ocasión de visitar o Ecomuseo de Arxeriz -nas proximidades do campo da festa-, que permanecerá aberto toda a tarde. O museo conta cunha sección dedicada ás tradicións do entroido da ribeira do Miño.

Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario