xoves, 18 de outubro de 2001

Monforte deberá entregar parte do legado de Xan de Forcados ao museo de Arxeriz

La Voz de Galicia - 18 de outubro do 2001
A Fundación Xosé Soto reclamará a tutela do patrimonio que lle foi doado pola familia do filántropo do Saviñao
Unha parte do legado de Xan de Forcados que se conserva desde hai dúas décadas en monumentos destacados de Monforte deberá ser restituído ao Saviñao. A Fundación Xosé Soto de Fión decidiu reclamar o patrimonio depositado na cidade, que lle pertence legalmente desde xuño de 1999, para ampliar os fondos do futuro museo de Arxeriz. Os avatares na conservación dos bens do filántropo do Saviñao animaron ao seu herdeiro a formalizar a escritura de cesión. Desde a chegada do legado a Monforte, descoñécese o paradoiro dun cadro dedicado de Castelao e dunha vasija do século IV antes de Cristo.

Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario