venres, 14 de novembro de 2014

Arxeriz, o único castro rehabilitado e visitable da Ribeira Sacra

La Voz de Galicia - 14 de novembro de 2014
O asentamento está aberto aos visitantes, que poden apreciar o resultado de dúas campañas arqueolóxicas.
Na Ribeira Sacra non faltan castros, pero ata agora ningún deles fora obxecto dunha escavación arqueolóxica continuada e á vez acondicionado para recibir visitas turísticas. O Ecomuseo de Arxeriz, no Saviñao, leva dous anos escavando o castro que se atopa nos terreos da súa propiedade e permite visitar as antigas estruturas construtivas que van saíndo progresivamente á luz. Así se ofrece a posibilidade de coñecer de cerca unha parte moi importante do patrimonio histórico e arqueolóxico dun territorio que conta con monumentos de épocas moi diversas, que van desde petróglifos e mámoas a templos renacentistas e barrocos, pasando por un gran número de igrexas románicas.

Ver noticia completa en www.lavozdegalicia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario